Productos para o campo e para mascotas en Mugardos

Variedade de artigos para o campo e para mascotas

Productos para o campo e para mascotas en Mugardos
Ven vernos ao noso almacén

Axudámosche a coidar o teu campo e as túas mascotas

En A Tenda D'Andrés levamos anos axudando a todos os nosos clientes a coidar das súas mascotas e as súas hortas. A nosa paixón polo mundo rural móvenos a traballar ofrecendo sempre o mellor servizo posible. Esforzámonos en ofrecerlle aos usuarios que nos visitan os mellores produtos (para isto traballamos coas mellores marcas), e asesorámolos en todo o que precisen.

Se queres atopar un almacén de pensos e fitosanitarios de confianza en Mugardos, esperámoste en A Tenda D'Andrés. Para máis información sempre podes poñerte en contacto con nós.

Tenda experimentada

Por que confiar en A Tenda D'Andrés?

Experiencia

En A Tenda D'Andrés contamos con moitos anos de experiencia ás nosas costas.

Variedade

Destacamos pola variedade de artigos e mercancía coa que contamos no almacén

Bo prezo

Todos os nosos produtos do noso catálogo presentan unha gran relación calidade-prezo.

Asesoramento

Os profesionais que traballamos na tenda asesorarémosche en todo o que precises.

O noso catálogo

Que podes atopar no noso almacén en Mugardos?

Pensos para mascotas

Contamos cunha gran variedade de pensos para toda clase de animais: cans, gatos, canarios, papagaios, periquitos, coellos, cobaias, furóns....

Calzado para traballos

No noso almacén dispoñemos de calzado específico para realizar traballos agrícolas. Visítanos e protexe os teus pés á hora de traballar no campo.

Accesorios e recambios

Se necesitas algún accesorio novo ou algún recambio para a túa maquinaria, temos o que buscas. Dispoñemos dun amplo catálogo de ambos artigos.

Plantas de interior e exterior

En A Tenda D'Andrés poderás atopar unha gran variedade de plantas, xa sexan de interior ou exterior. Ademais, contamos con flores xa cortadas.

Fitosanitarios de uso doméstico

Temos produtos fitosanitarios de uso doméstico, isto é, non é necesario ningún carné para usalos. Están destinados ao coidado da horta.

Turbas, fertilizantes e sementes

Se queres empezar a plantar no teu xardín, visítanos e atopa na nosa tenda a mellor selección de sementes, plantón, fertilizantes e turbas.

Selecciona o teu idioma